Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1422/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1422/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Varela Canto contra a empresa Auto Arte Galicia, S.L., Laminalia, S.L. e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, sobre seguridade social, ditouse a seguinte parte dispositiva no decreto de desistencia dos presentes autos:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a Rafael Varela Canto da súa demanda fronte a Auto Arte Galicia, S.L., Laminalia, S.L. e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpoñer recurso de 25 euros no Banesto, debendo indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Auto Arte Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial