Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 962/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 962/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Andrade Rama, José Antonio Serrano Rodríguez, Herminio Antelo Allo, Jesús Manuel Calvo Souto, Amadeo Rodríguez Vázquez, Fabián Eduardo Maldonado Martínez contra a empresa Montajes Cemetal, S.A.L., administrador concursal de Montajes Cemetal, S.A.L. e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 22 de setembro de 2011 ás 9.50 horas tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 da Coruña demanda presentada por Santiago Andrade Rama, José Antonio Serrano Rodríguez, Herminio Antelo Allo, Jesús Manuel Calvo Souto, Amadeo Rodríguez Vázquez y Fabián Eduardo Maldonado Martínez contra Montajes Cemetal, S.A.L., administrador concursal de Montajes Cemetal, S.A.L. e Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 10 de abril de 2014 ás 10.05 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo a parte demandante ten manifestado que desiste da acción promovida, mediante escrito de desistencia presentado no 17 de xaneiro de 2014.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a Santiago Andrade Rama, José Antonio Serrano Rodríguez, Herminio Antelo Allo, Jesús Manuel Calvo Souto, Amadeo Rodríguez Vázquez e Fabián Eduardo Maldonado Martínez da súa demanda contra Montajes Cemetal, S.A.L., administrador concursal de Montajes Cemetal, S.A.L. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº do Banesto indicando no campo do concepto «recurso» seguida do código «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a empresa Montajes Cemetal, S.A.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial