Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19602

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tiro con arco

ANUNCIO do 26 de decembro de 2013 sobre o acordo de creación do ficheiro de datos de carácter persoal desta federación.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A entrada en vigor do Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado mediante o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, introduciu, a través dos artigos 53 e 54, algunhas novidades en canto á forma e contido da disposición, destacando a necesidade de especificar o sistema de tratamento do ficheiro, que poderá ser automatizado, non automatizado ou parcialmente automatizado.

No exercicio das competencias que teño atribuídas, e co fin de cumprir o establecido no artigo 20 da devandita lei, así como no artigo 52 do seu regulamento de desenvolvemento,

dispoño:

Primeiro. Os ficheiros da Federación Galega de Tiro con Arco serán os contidos nos anexos deste acordo.

Segundo. Créanse os ficheiros incluidos no anexo I deste acordo, en cumprimento do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e do artigo 54.1 do regulamento de desenvolvemento.

Tercero. Os ficheiros que se recollen no anexo deste acordo, rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada un deles, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan aplicables.

Cuarto. En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de trinta días desde a publicación deste acordo no boletín oficial da comunidade autónoma.

Quinto. O presente acordo entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ferrol, 26 de decembro de 2013

Ignacio Cascón Salgado
Secretario da Federación Galega de Tiro con Arco

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

Ficheiro: Federados

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Federados.

a.2) Finalidade e usos previstos: xestión de datos persoais coa finalidade de tramitar licenzas federativas, efectuar comunicacións aos federados, organizar eventos, coordinar actuacións coa Federación Española e coa Administración autonómica e desenvolver o cumprimento de todas as funcións que a lei e os estatutos da propia Federación Galega de Tiro con Arco lle confiren a esta entidade, dentro dos seguintes ámbitos:

– Facenda e xestión económico-financeira:

– Xestión tributaria e de recadación.

– Xestión económica e contable.

– Xestión fiscal.

– Educación e cultura: deportes.

– Finalidades varias:

– Procedementos administrativos.

– Rexistro de entrada e saída de documentos.

– Outros rexistros administrativos.

– Concesión e xestión de permisos, licenzas e autorizacións.

– Xestión sancionadora.

– Xestión de estatísticas internas.

– Prestación de servizos de certificación.

– Outras finalidades relacionadas cos fins da federación.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos, o procedemento de recolla dos datos, e a súa procedencia:

b.1) Colectivo: provedores, asociados ou membros, representantes legais, persoas de contacto, solicitantes, beneficiarios.

Persoas físicas e xurídicas que compoñen os diversos estamentos que se integran na Federación Galega de Tiro con Arco (conforme o artigo 7 dos seus estamentos):

a) Arqueiros.

b) Entidades deportivas (clubs, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares) inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

c) Técnicos, monitores e adestradores.

d) Xuíces-árbitros.

Por outra parte, tamén se recadarán os datos de terceiras persoas coas cales se manteñen relacións comerciais (subministradores de material deportivo, conferenciantes, etc.).

b.2) Procedencia (o propio interesado ou o seu representante legal):

Dos propios interesados cando solicitan a concesión da correspondente licenza á Federación Galega de Tiro con Arco (FGTA) ou de terceiras persoas cando facturan á FGTA.

Procedemento de recolla: formulario de solicitude de licenza e anexos.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento empregado na súa organización.

c.1) Estrutura:

– Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura, sexo, data de nacemento e club de pertenza.

– Datos relativos á comisión de infraccións: infraccións administrativas.

Norma que permite o seu tratamento: o artigo 65.4 dos estatutos da Federación Galega de Tiro con Arco (FGTA) establece a existencia dun libro de rexistro de sancións para os efectos de detectar a reincidencia e computar a prescrición das infraccións cometidas e as sancións impostas.

– Outras categorías de carácter persoal:

Datos de características persoais: data de nacemento, idade e sexo.

Datos de circunstancias sociais: pertenza a clubs, asociacións, licenzas, permisos e autorizacións.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas (existe consentimento dos afectados):

Á Federación Española de Tiro con Arco, á Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e á aseguradora da FGTA (responsabilidade civil e accidentes).

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países:

Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro:

Federación Galega de Tiro con Arco.

g) Servizos ou unidades ante os que se poidan exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Secretario da Federación Galega de Tiro con Arco.

Casa do Deporte, avda. Castelao, s/n, 15406 Ferrol (A Coruña).

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel medio.