De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación provincial na sesión do día 28 de marzo de 2014, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Avión para a recadación do imposto sobre bens inmobles e do imposto sobre actividades económicas, agás o BICE polo encoro de Albarellos, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do 19.9.1994.
A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.
Ourense, 2 de abril de 2014
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense