Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19600

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 2 de abril de 2014 polo que se asume a competencia delegada polo Concello de Xunqueira de Espadanedo para a recadación do imposto sobre bens inmobles (urbano, rústico e de características especiais), do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación provincial na sesión do día 28 de marzo de 2014, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Xunqueira de Espadanedo para a recadación do imposto sobre bens inmobles (urbano, rústico e de características especiais), do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 2 de abril de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense