Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.-Elemol.
Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: CS Tafisa.
Situación: Ponte Caldelas.
Características técnicas: centro de seccionamento, con celas modulares baixo envolvente metálica con illamento en SF6, tres de liña, unha de protección e un interruptor de baleiro, situado en Vilarchán, Ponte Caldelas.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.
Pontevedra, 21 de marzo de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Predio nº 1. Municipio: Ponte Caldelas; parcela 21; subparcela 21; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Reigosa; afección: 38,70 m2 en pleno dominio.