Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2014/42-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L. Elemol.

Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS Vilarchán-A Reigosa.

Situación: Ponte Caldelas.

Característica técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 2.800 metros de lonxitude, con orixe na subestación A Reigosa e final no apoio AP-8, situado ao carón da estrada PO-532, en Vilarchán, Ponte Caldelas. LMT subterránea de 300 metros de lonxitude de conexión da LMTS anterior co centro de transformación A Reigosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

anexo
Relación de bens e dereitos afectados

Numeración/subparcelas

Titular

Enderezo

Natureza do ben

Polígono/parcela

Afección pleno dominio (m2)

Afección servidume de paso (m2)

1

(Subparcelas 28-27-25-24-23-21-20-19-18-17-16)

CMVMC da Reigosa

Casa do Pobo

A Reigosa, s/n

Tourón

Matogueira

(Pol. 21 parc. 969

Pol. 21 parc. 9019

Pol. 21 parc. 1

Pol. 21 parc. 2)

829,78

2.484,42

2

(Subparcela 15)

Litixio
CMVMC Vilarchán

Vilarchán, s/n

Ponte Caldelas

Casa do Pobo A Reigosa, s/n

Tourón

Matogueira

Pol. 21 parc. 969

72

288

3

(Subparcelas 14-03-12-11)

CMVMC Vilarchán

Vilarchán, s/n

Ponte Caldelas

Matogueira

Pol. 21 parc. 969

396,60

1.379

4

(Subparcela 29)

Descoñecido

Descoñecido

Matogueira

Pol. 22 parc. 418

35,50

142