O 12 de marzo de 2014, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2013370AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Antonio Álvarez González (panadería La Giralda).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio Álvarez González (panadería La Giralda) o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia Banco); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2013370AL-PO.
Denunciado: Antonio Álvarez González (panadería La Giralda).
Documento de identificación: 35970732C.
Último enderezo coñecido: rúa Darío Bugallal, 7, baixo, 36860 Ponteareas (Pontevedra).
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos:
– Artigo 51, punto 2, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
– Artigos 3, 4.2 e 5; capítulo I, puntos 1, 4 e 5; capítulo II, puntos 1.a), b), c) e d); capítulo V, puntos 1.a) b) e d), e capítulo IX, punto 3, do anexo II do Regulamento (CE) núm. 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.
Tipificación: grave, segundo os artigos 50.1, 51.2 e 52 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).