Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18703

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1307/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1307/13 por instancia de Manuel Rodríguez Varela contra a empresa Metalúrgica Lubre, S.L., sobre resolución de contrato e cantidade, nos cales se ditou sentenza o 20.3.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Manuel Rodríguez Varela fronte a Metalúrgica Lubre, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que une o demandante coa empresa Metalúrgica Lubre, S.L.

– Condénase a empresa Metalúrgica Lubre, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil douscentos cinco euros con sesenta e tres céntimos de euro (4.205,63 euros) en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Metalúrgica Lubre, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial