Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (122/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 122/2012 por instancia de María del Mar Villasenín Carneiro contra a empresa Golan Materiales de Construcción, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 24.3.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por María del Mar Villasenín Carneiro fronte a Golan Materiales de Construcción, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Golan Materiales de Construcción, S.L. a aboar á demandante a cantidade de catro mil catrocentos cincuenta e oito euros con noventa e sete céntimos de euro (4.458,97 euros), devindicando a devandita cantidade os xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Golan Materiales de Construcción, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial