Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18700

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1419/2011).

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR*.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 1419/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 201/2010. Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial), José Luis Feijoo Borrego.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo. Demanda 201/2010.

Casación en unificación de doutrina: 72/2014.

Parte recorrente: Insuiña, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1419/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e Manuel Eugenio Díaz Lago contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«O anterior escrito presentado polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera, que xunta copia de poder, dando cumprimento ao requirimento que lle foi efectuado, únase á peza do recurso. En consecuencia, tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina pola patronal Insuiña, S.L. e concédeselle á recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso perante esta sala, facéndolle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca, con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta V3674-13).

Tense por efectuado o depósito de 600 €.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte contra a cal se interpuxo recurso poida oporse á admisión do recurso ao comparecer perante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que produzan os seus efectos legais e lle sirva de notificación á empresa Construcciones Norsema, S.L., con último domicilio en Pontevedra, advertíndolle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

A secretaria xudicial