Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18699

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3042/2009-IS).

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3042/2009 desta sección, seguido por instancia de Zintura, S.A. contra Inditex, S.A., María Elena López Orual, Belén López Oural, Raquel Bermúdez Castrillón, Laura Fernández Fernández, Patricia Fontan Dias, María José Fernández Freire, María Olga Otero Villarmea, Concepción González Pereira, María Ángeles López López, Nuria Prieto Fernández, Adela María Fernández Rañón, Textil Anro, S.L., Zara España, S.A., Elisabete Gomes de Miranda, María Helena Marques-Teixeira Gomes, sobre reclamación de cantidade, con data 11.11.2013 a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Estimamos o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola representación de Zintura, S.A. fronte á sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 23 de xullo de 2012 (recurso de suplicación nº 3042/09). Casamos e anulamos a dita sentenza e, resolvendo o debate de suplicación, estimamos o recurso desta natureza interposto pola representación da empresa Zintura, S.A. contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Lugo (autos nº 775/08), estimamos en parte o dito recurso e revogamos a sentenza do xulgado en canto establece unha extensión da responsabilidade solidaria máis alá do período de vixencia da contrata. Sen custas. Devólvanse as actuacións á Sala do Social do órgano xurisdicional correspondente, coa certificación e comunicación desta resolución. Así, por esta a nosa sentenza, que se inserirá na colección lexislativa, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Textil Anro, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

A secretaria xudicial