Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18697

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4479/2011).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social da Coruña.

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR*.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4479/2011-RCUD 87/2014.

Xulgado de orixe/autos: demanda 814/2008. Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrentes: José Carlos Leis Parada, Javier Pérez Sampedro, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, José Antonio Vigo Blanco, Maximino Albores Díaz, Ricardo Enrique Santomé.

Recorridos: Fogasa, Edificaciones Orivan, S.L., Diego Comendador Alonso.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4479/2011-RCUD 87/2011, seguido por instancia de José Carlos Leis Parada e outros contra a empresa Edificaciones Orivan, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña, o 28 de marzo de 2014.

«O anterior escrito presentado polo letrado Fernando Escariz Fernández, en nome e representación de José Carlos Leis Parada, Javier Pérez Sampedro, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, José Antonio Vigo Blanco, Maximino Albores Díaz e Ricardo Enrique Santomé, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso perante esta sala, facéndolle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca, con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta V3674-13).

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte contra a cal se interpuxo recurso poida oporse á admisión do recurso ao comparecer perante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que produzan os seus efectos legais e lle sirva de notificación á empresa Edificaciones Orivan, S.L., con último domicilio na travesía de Pastoriza, 56-baixo esq., 15140 Arteixo, advertíndolle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial