Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (289/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 289/2012 por instancia de José Luis López Buján, Natalia Dafonte Franco, Miguel Ramón Otero Calvo e Julio Fernández Díaz contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 24.3.2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Ditame

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Luis López Buján, Natalia Dafonte Franco, Miguel Ramón Otero Calvo e Julio Fernández Díaz fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia:

Condénase a Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José Luis López Buján, a cantidade de 169,50 euros.

• A Natalia Dafonte Franco, a cantidade de 155,25 euros.

• A Miguel Ramón Otero Calvo, a cantidade de 178,05 euros.

• A Julio Fernández Díaz, a cantidade de 165,75 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial