Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe
Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 293/2012 por instancia de Mario Rodríguez Collazo contra a empresa Inelun Galicia, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 24.3.2014, que copiada nos particulares necesarios di así:
Ditame
Estímase a demanda formulada por Mario Rodríguez Collazo fronte á empresa Inelun Galicia, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
Condénase a empresa Inelun Galicia, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de nove mil cincocentos trinta e cinco euros (9.535 euros) en concepto de xuros por mora.
Notifíqueselles a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inelun Galicia, S.L., expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 28 de marzo de 2014
A secretaria xudicial