Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1310/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1310/2013 por instancia de Isabel Casais Tomé contra a empresa Juegos Celtas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 20.3.2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Ditame.

Estímase a demanda formulada por Isabel Casais Tomé fronte á empresa Juegos Celtas, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Juegos Celtas, S.L. á demandante.

– Condénase a empresa Juegos Celtas, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 5.030,10 euros; o aboamento da dita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a finalización do contrato importan 6.127,20 euros, aos cales deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 41,40 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Juegos Celtas, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial