Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (360/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 360/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Villar Pazos contra a empresa Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

Antecedentes de feito:

Único. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo feito probado segundo di:

Segundo. Marcos Villar Pazos prestou servizos por conta da mercantil Servicio de Ingeniería y Montajes Alen, S.L. desde o día 5.7.2007 no centro de traballo que a empresa ten en Santiago de Compostela, coa categoría profesional de encargado de mantemento e con dereito a percibir un salario mensual bruto de 3.027,60 euros, incluído o rateo de pagas extras (99,54 euros diarios).

Ao traballador resúltalle de aplicación o Convenio colectivo do sector siderometalúrxico.

Na parte dispositiva dise:

Que estimo a demanda interposta por Marcos Villar Pazos fronte a Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., a administración concursal Mauro Antonio Puga Martínez e o Fogasa e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado con efectos de 1.6.2012 e condeno solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza, a razón de 99,54 euros por día, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 21.978,45 euros, e condeno a Mauro Antonio Puga Martínez unicamente na súa condición de administración concursal. Absólvese o Fogasa.

Advírteselles ás mercantís Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L. e Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. de que, en caso de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, se entende que procede a primeira.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LEC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que posúan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderán facerse de oficio, dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, e será neste caso resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que puideren ter sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente para efecto as ditas resolucións poderán ser emendados, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditará as omisións a que se refire o número anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

4. Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Efectivamente, tal e como sinala a parte solicitante da aclaración, no acto da vista o demandante, tras desistir da petición de nulidade e interesar só a declaración de improcedencia, aclara que a antigüidade do demandante se fixa no 21.6.2005 por existir un erro na demanda. Da proba practicada, tanto do informe de vida laboral achegado ás actuacións no acto da vista, como da testifical practicada na persoa de Ramón Vázquez Rial, resulta acreditada a antigüidade que foi obxecto de aclaración no acto da vista. E así se cita no fundamento xurídico segundo, onde se expresa que, á vista da non comparecencia da empresa demandada, non resulta controvertido e, polo tanto, si consta acreditado, entre outros aspectos, especificamente o relativo á antigüidade fixada polo demandante.

Non obstante, a pesar da proba practicada e do sinalado na fundamentación xurídica, no feito probado segundo da sentenza prodúcese un erro de transcrición que supón, pola súa vez, un erro de cálculo na parte dispositiva da demandada; ambos os dous erros deberán ser emendados no sentido interesado pola parte recorrente.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva

Que rectifico o erro de transcrición que contén o feito probado segundo da sentenza, o cal debe quedar redactado da seguinte forma:

Segundo. Marcos Villar Pazos prestou servizos por conta da mercantil Servicio de Ingeniería y Montajes Alen, S.L. desde o día 21.6.2005 no centro de traballo que a empresa ten en Santiago de Compostela, coa categoría profesional de encargado de mantemento e con dereito a percibir un salario mensual bruto de 3.027,60 euros, incluído o rateo de pagas extras (99,54 euros diarios).

Ao traballador resúltalle de aplicación o Convenio colectivo do sector siderometalúrgico.

Que rectifico o erro de cálculo que contén a parte dispositiva da sentenza, a cal debe quedar redactada da seguinte forma:

Que estimo a demanda interposta por Marcos Villar Pazos fronte a Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., a administración concursal Mauro Antonio Puga Martínez e o Fogasa e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado con efectos de 1.6.2012 e condeno solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza, a razón de 99,54 euros por día, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 30.956,94 euros, e condeno a Mauro Antonio Puga Martínez unicamente na súa condición de administración concursal. Absólvese o Fogasa.

Advírteselles ás mercantís Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L. e Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. que, en caso de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, entende que procede a primeira.

Que estimo integramente as demandas interpostas por Jesús Pardal Castro fronte á mercantil Tolroga, S.L., o Fogasa e Isaac González Peña, na súa condición de administrador concursal e, en consecuencia:

1ª Declaro procedente a extinción da relación laboral existente entre Jesús Pardal Castro e a mercantil Tolroga, S.L. e extinguida esta no día de hoxe (28.1.2014) e declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos de 30.11.2012, e condeno a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade de 10.749,61 euros en concepto de indemnización e 10.272,25 euros en concepto de salarios debidos desde a data do despedimento e ata a de extinción da relación laboral (425 días). Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaaca González Peña unicamente na súa condición de administrador concursal.

2ª Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 3.675,30 euros en concepto de salarios de xuño, xullo, agosto, setembro, outubro e novembro de 2012, e condeno a Tolroga, S.L. a aboar a dita cantidade incrementada co 10 % de xuros de mora. Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e a Isaaca González Peña unicamente na súa condición de administrador concursal.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, aínda que se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nela establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial