Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18284

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2086-2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2086/2012 desta sección, seguido por instancia de Helvetia Compañía Suiza, S.A. de Seguros y Reaseguros contra a empresa Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Pizarras La Tranquila, S.A., GES Seguros y Reaseguros, S.A., José Antonio Encina Alijo, administración concursal de Pizarras La Tranquila sobre outros dereitos seguridade social, foi ditado con data do 27 de marzo de 2014 a seguinte resolución que é do teor literal seguinte:

«Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto por Helvetia, S.A. contra a sentenza ditada con data do 3 de febreiro de 2012 polo Xulgado do Social número 3 de Ourense en autos 693/2011, revogamos tal resolución e, con estimación parcial da demanda, condenamos Pizarras La Tranquila a que aboe ao demandante a cantidade de 24.000 euros polo concepto reclamado e absolvemos as restantes codemandadas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatamente seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións aberta no Banesto co nº 1552 indicando no campo do concepto, “Recurso” seguido do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato
dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para e sirva de notificación en forma a Pizarras La Tranquila, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de marzo de 2014

A secretaria xudicial