Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18282

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1931/2012-IS).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1931/2012 desta sección, seguido por instancia de Santiago Vázquez Ares contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Construcciones Villantime, S.L.U. sobre incapacidade temporal, foi ditada resolución no 24.3.2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Santiago Vázquez Ares, contra a sentenza do doce de decembro do ano dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número dous de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a empresa Construcciones Villantime, S.L.U. e o INSS, a Sala decláraa firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatamente seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo do concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato
dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento».

E para que conste e sirva de notificación en forma a Construcciones Villantime, S.L.U., expido este edicto.

A Coruña, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial