Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18286

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (605/2013).

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio, seguido por instancia de Enrique Martínez Rodríguez fronte a Alda María Maciel Gómez, ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Regueiro Muñoz, en nome e representación de Enrique Martínez Rodríguez asistido da letrada Sra. Millán Acosta, fronte a Alda María Maciel Gomes, maior de idade, sinalada en autos, declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 13.6.2008 en Santiago de Compostela inscrito no tomo 101, páxina 13, do Rexistro Civil desa localidade por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E encontrándose a devandita demandada, Alda María Maciel Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial