Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18066

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2014 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de acceso libre á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, desta universidade.

Por Resolución do 29 de novembro de 2013 (DOG do 13 de decembro e BOE do 23 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 3 de febreiro de 2014 (DOG do 18 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte ao establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na páxina web:
http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Quinto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 28 de maio de 2014, ás 12.30 horas, na aula núm.11 da Facultade de Dereito, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realice o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela