De conformidade co establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no uso das atribucións conferidas polo seu artigo 17.4, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.
Segundo. Poderán concorrer a esta praza todos/as os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.
Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.
Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no DOG, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo. O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatorio/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación no DOG, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ao servizo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución.
Oitavo. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Código do posto: ED.302.00.002.15770.024.
Denominación do posto: xefatura do Servizo de Arqueoloxía.
Centro directivo: Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Localidade: Santiago de Compostela.
Tipo do posto: S.
Forma de provisión: libre designación.
Corpo ou escala: xeral/especial.
Grupo: A1-A2.
Nivel: 28.
Complemento específico: 13.698,72 euros.
Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.
Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).