Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/58-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4ª planta, 28003 Madrid.

Denominación: centro de seccionamento e CT planta para bombeo marxe dereita río Miño en Oira.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea de 205 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2L12/20 kV 3×(1×150 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento e medida proxectado (con celda de entrada/saída, cela de seccionamento, cela de protección e cela de medida), e o CT proxectado con cela de entrada, cela de protección e cela de medida para transformador seco de 630 kVA e R/T 20.000/420-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras dispoisicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 22 de xaneiro de 2014

P.S.L. (Decreto110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial