Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de autorización do aproveitamento de recursos da sección A) denominada Las Trapareiras, número 360.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 109), e no artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de autorización do aproveitamento de recursos da sección A) denominada Las Trapareiras, nº 360, que a continuación se describe:

Solicitante: Las Trapareiras, S.L.

Domicilio social: rúa Deputación, 65, 27325 Folgoso do Courel (Lugo).

Denominación da explotación: Las Trapareiras, nº 360.

Situación: monte veciñal en man común, denominado O Xardín, lugar de Alto do Boi, parroquia O Hospital, concello de Quiroga (Lugo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar os referidos proxectos/documentos no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras), e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días a partir da última publicación realizada.

Lugo, 17 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo