Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.
Domicilio social: Agustín Betancour, nº 25, 4ª planta, 28003 Madrid.
Denominación: CS, LMT e CT para depósito Montealegre.
Situación: Ourense.
Características técnicas: centro de seccionamento composto por cela modular de entrada e saída de liña de 24 kV, cela modular de proteción xeral de 24 kV e cela modular de medida de enerxía de 24 kV.
LMT subterránea a 20 kV de 248 m con condutor RHZ1 2OL12720 kV 3×(1×150 mm2) que discorre entre o centro de seccionamento e o CT proxectado de 1600 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 68.633,67 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorización que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 28 de novembro de 2013
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas