De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, Edificio Administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 25 de marzo de 2014
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: E.S. LU-52/2012.
Interesada: Soledad Rocha Ramalleira.
Último enderezo conocido: rúa Vila, 88-1º D, Barreiros.
Acto de notificación: requirimento de execución da resolución do expediente sancionador.