Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 10 de abril de 2014, da Delegación de Vigo, polo que se empraza a Emilio González Iglesias para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Delegación de Vigo da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 10 de abril de 2014

P.S. (Resolución do 2.7.2013)
David Maceiras Rial
Xefe do Departamento de Xestión Tributaria

ANEXO

Interesado

Órgano
tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

36025095B

González Iglesias, Emilio

Unidade de Inspección

Comunicación de inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación e proposta de liquidación.

Imposto sobre transmisións, operacións societarias e actos xurídicos documentados.

Expte.: INS/2014/54/000/0007.

Exercicio 2010.