Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18194

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de xestión do centro de visitantes do parque de Montealegre.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de xestión do centro de visitantes do parque de Montealegre:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2264.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión do centro de visitantes do parque de Montealegre.

c) CPV: 79993100-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e perfil do contratante.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de agosto, 6 de agosto e 1 de agosto de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto por hora: 11,00 euros. IVE: 2,31 euros. Importe total por hora: 13,31 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de febreiro de 2014.

b) Data de formalización: 17 de marzo de 2014.

c) Contratista: Bruma Xestión Ambiental, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto por hora: 9,40 euros. IVE: 1,97 euros. Importe total: 11,37 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis barata das admitidas e a que máis puntuación obtivo na parte técnica, segundo a proposta da mesa e o informe técnico emitido ao respecto que serve de motivación.

Ourense, 17 de marzo de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde