Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18196

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación do servizo de xestión de visitantes, atención ao público e servizos complementarios dos espazos expositivos da planta baixa da antiga sede do Banco de España e do Claustro de San Francisco.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2284.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión de visitantes, atención ao público e servizos complementarios dos espazos expositivos da planta baixa da antiga sede do Banco de España e do Claustro de San Francisco.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: un (1) ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 98341130-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

1. Oferta económica: 90 puntos.

2. Horas gratuítas: ata 7 puntos.

3. Prezo hora prestada fóra do horario habitual: ata 3 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 66.088,00 euros.

b) Importe neto: 31.944,00 euros. IVE: 6.708,24 euros. Importe total: 38.652,24 euros.

c) Realización de horas fóra do horario habitual: importe neto: 11,00 euros/hora. IVE: 2,31 euros. Importe total: 13,31 euros/hora.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 16.4 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 16.5 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, número 1.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 9 de abril de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde