Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18199

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial do sector S-54-R A Senra (expediente 11509/411).

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente do 24 de xaneiro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial do sector S-54-R A Senra, incluído o ISA, redactado polo arquitecto Francisco de Borja Ramilo Méndez, o enxeñeiro de camiños, canles e portos Óscar Baltar e a enxeñeira agrónoma Amaya Romano, en outubro de 2013, e asinado electronicamente polo citado arquitecto redactor.

Segundo. Abrir un trámite de información pública e consultas polo prazo de dous meses, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior circulación da provincia. Durante este prazo solicitaranse os informes sectoriais preceptivos. A fase de consultas sobre o documento de aprobación inicial do plan parcial, que incluirá o ISA, realizarase como mínimo e de forma individualizada ás administracións públicas afectadas e ao público interesado que se citan no documento de referencia.

Terceiro. Acordar, consonte o artigo 77.2 da Louga, a suspensión de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que este está conformado polo ámbito delimitado no plan parcial inicialmente aprobado e que, singularmente, se reflicte no plano INF 05, escala 1/1500, que será así mesmo obxecto da publicación referida no punto segundo deste acordo.

Cuarto. Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan parcial do sector S-54-R A Senra, na web do Concello de Vigo.

Quinto. Notificarlles este acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no Catastro, coa indicación expresa de que, ao tratarse dun simple acto de trámite, non é susceptible de recurso administrativo».

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do Edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Vigo, 6 de febreiro de 2014

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo

ANEXO

missing image file