1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 70546-250.
2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: obras de reforzo da capa de rodaxe do firme da avenida do Tranvía, do p.q. 3+140 ao p.q. 3+890. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: un (1) mes.
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe total 66.818,50 euros (IVE non incluído).
5. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).
7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: si. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).
9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.
Vigo, 8 de abril de 2014
Carlos López Font
Concelleiro delegado de Economía e Facenda e Contratación