1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.
2. Obxecto do contrato:
• Tipo de contrato: servizos.
• Descrición do obxecto: contrato do servizo de mantemento básico e limpeza do Complexo Deportivo de Monterrei para a campaña de verán 2014 (O Pereiro de Aguiar-Ourense).
• Prazo de execución: catro meses desde a formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
• Tramitación: ordinaria.
• Procedemento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación:
• Importe sen IVE: 66.522,03 euros.
• IVE (21 %): 13.969,63 euros.
• Importe total: 80.491,66 euros, IVE incluído.
5. Garantías:
• Definitiva: ver número 7 do prego de condicións particulares.
6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4. 15781 Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.es. Teléfono: 881 99 98 40.
7. Presentación das ofertas:
• Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións finalizará o décimo quinto (15) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos a hora de peche do Rexistro será as 14.00 horas. No caso de que o último día fose sábado ou inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
• Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4º do prego de condicións particulares.
• Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de condicións particulares.
• Criterios de adxudicación: os que figuren no prego de condicións particulares.
8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego na data e hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.es
9. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2014
José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego