Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014046AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 17 de marzo de 2014, a xefa territorial de Lugo da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014046AL-LU, incoado a Facal González Helvetia, S.L., titular do establecemento Restaurante Helvetia.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Facal González Helvetia, S.L., titular do establecemento Restaurante Helvetia, o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio será considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 24 de marzo de 2014

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014046AL-LU.

Denunciada: Facal González Helvetia, S.L, titular do establecemento Restaurante Helvetia.

CIF: B27261056.

Último enderezo coñecido: lugar Campo do Cristo, nº 20, 27840 Goiriz, Vilalba (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4; punto 2.d) do capítulo I, punto 1.c) do capítulo II e punto 1.a) do capítulo V do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 3.5, 10.1 e 10.2 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigos 50.1.e) e 51.1 parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).