Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.
2º. Enderezo: r/ Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.
3º. Código postal e localidade: 36201 Vigo.
4º. Teléfono: 986 81 77 25. Fax: 986 81 76 83.
5º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es
6º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.
d) Número de expedientes: 1.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: expediente 38/2014.
Servizo de restauración, incluíndo limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa e servizo de restauración incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, campamento xuvenil A Illa de Ons en Bueu e campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Prazo de execución: desde o 18 de xuño ata o 12 de setembro de 2014, segundo os períodos relacionados no prego de prescricións técnicas.
e) Admisión de prórroga: non.
f) C.P.V.: non. C.P.A.: 56.10.19.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.
c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.
4. Orzamento base de licitación:
Orzamento: 239.182,58 € (IVE 10 %: 23.918,26 €), total: 263.100,84 €.
5. Garantías exixidas. Provisional 2 %: 4.783,65 €. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría B.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Outros requisitos específicos: non.
7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: oito días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidade de presentación: no Rexistro Xeral, segundo establece o prego de cláusulas administrativas ou por correo segundo o establecido no punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.
2º. Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8. Código postal 36201 Vigo (Pontevedra).
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a data de apertura das propostas.
8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha sala de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación, no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.es/
Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.
9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).
Vigo, 7 de abril de 2014
María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo