Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014 pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para o Laboratorio de sanidade e produción animal de Galicia e outros, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada (expediente 2/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para o Laboratorio de sanidade e produción animal de Galicia e outros, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) División por lotes e número: si.

Lote

Tipo de material

1

Reactivos químicos.

2

Material diverso para laboratorio (plástico, vidro, papel...).

3

Equipamentos de protección individual para laboratorio.

4

Material específico para equipos Millipore dispoñibles no laboratorio: de purificación de auga e para análise de augas polo método de filtración de membrana con sistema Milliflex.

5

Medios de cultivo xerais.

6

Reactivos para a realización da técnica de contrainmunoelectroforese da enfermidade aleutiana do visón.

7

Kit Elisa para a determinación de anticorpos, antíxenos e micotoxinas.

8

Reactivos xerais para a realización de técnicas de fixacion de complemento.

9

Kits de extracción, amplificación e outros produtos para o diagnóstico de enfermidades PCR en tempo real.

10

Material para sistemas semiautomatizados de identificacion bioquímica e antibiograma de diferentes microorganismos de interese veterinario; detección, en alimentos destinados ao consumo animal, de diferentes microorganismos polas técnicas Elfa e reconto polo número máis probable miniaturizado.

11

Reactivos e materiais para cultivo de micobacterias, hemocultivo en medios líquidos, identificación de microorganismos en análises bacteriolóxicas e realización de antibiogramas con indicación de CMI; todo isto, mediante sistemas completamente automatizados.

d) Lugar de entrega: Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, Lugo, a excepción do lote 8, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: o período de execución dos contratos que se formalicen baseados nos acordos marco, non poderá exceder –individual ou conxuntamente– o prazo de duración destes (ata o 31 de decembro de 2017).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33000000 e 18100000.

h) Acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.361.017,90 €, IVE (21 %): 285.813,76 €, importe total: 1.646.831,66 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 1.633.221,48 euros (sen IVE), incluídas posibles modificacións.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva.

Lote 1: 6.131,90 € ; lote 2: 10.120,72 €; lote 3: 3.029,10 €; lote 4: 4.984,00 €; lote 5: 4.403,24 €; lote 6: 4.114,00 €; lote 7: 3.979,40 €; lote 8: 1.191,20 €; lote 9: 7.814,29 €; Lote 10: 4.430,08 €; lote 11: 17.852,96 €.

8. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20302

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 6 de maio de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 16 de maio de 2014.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: penalidades por incumprimento dos prazos de entrega e por cumprimento defectuoso (cláusula W da folla de especificacións).

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de abril de 2014.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar