Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1502/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1502/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Casais García contra Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, Grupo Cetssa Seguridad, S.A. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta por Martín Casais García contra Grupo Cetsa Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante, en concepto de diferenza non aboada de horas extraordinarias realizadas durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2009, a suma de douscentos catro euros con vinte e tres céntimos (204,23 €), máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto desa cantidade; e estimando a excepción de prescrición alegada polo Fogasa, declárase limitada a súa eventual responsabilidade subsidiaria, no caso de se cumpriren os requisitos do artigo 33 do ET, ás sumas reclamadas en concepto de diferenza non aboada de horas extraordinarias realizadas durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2009 que, salvo erro ou omisión, ascende a 131,46 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Cetssa Seguridad, S.A. actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

A secretaria xudicial