Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (705/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 705/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Torres Campos contra a empresa Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L., Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva se expresa a seguir:

«Que, considerando integramente a demanda interposta por José Ramón Torres Campos, contra Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L. e o Fogasa, debo declarar e declaro que a extinción do contrato de traballo do demandante efectuado polas demandadas con data de efectos do 5 de xuño de 2013 constitúe un despedimento improcedente e, en consecuencia, debo condenar e condeno Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., e Yesos y Morteros de Carballo, S.L. a estaren e pasaren pola devandita declaración, e debo condenar e condeno solidariamente Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., e Yesos y Morteros de Carballo, S.L. a que readmitan inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 49,18 euros diarios, ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 15.443,40 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario teña optado, entenderase que procede a readmisión.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberase observar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Ilustrísima Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Yesos y Morteros de Carballo, S.L. actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial