Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1223/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1223/2013 por instancia de Ana María Marulanda Correa contra a empresa Roelbarin, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 18.3.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Ana María Marulanda Correa fronte a Roelbarin, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Roelbarin, S.L. á demandante Roelbarin, S.L.

– Condénase a Roelbarin, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.713,26 euros determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 6.967,02 euros, aos que se deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 41,97 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Roelbarin, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 25 de marzo de 2014

O secretario xudicial