Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (722/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 722/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eulalia Lorenzo Lajos contra a empresa Servanza, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Eulalia Lorenzo Lajos contra Servanza, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e debo condenar e condeno a Servanza, S.L. a que readmita inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, que consistirá en novo chamamento ao traballo, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 35,11 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización de 6.961,50 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. Debo condenar e condeno a Servanza, S.L. a que lle aboe á demandante Eulalia Lorenzo Lajos a suma de dous mil cincocentos cincuenta e cinco euros con vinte e un céntimos (2.555,21 €) en concepto de liquidación de salarios máis o 10 % de xuro de demora do artigo 29.3 do ET sobre esta última cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observase o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

A secretaria xudicial