Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (721/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 721/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelina Fernández Souto contra a empresa Servanza, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Marcelina Fernández Souto, contra Servanza, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e debo condenar e condeno a Servanza, S.L. a que readmita inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, que consistirá en novo chamamento ao traballo, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 35,14 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, a extinción da relación laboral, con aboamento á demandante dunha indemnización de 6.966,05 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2. Debo condenar e condeno a Servanza, S.L. q que aboe a Marcelina Fernández Souto a suma de dous mil cincocentos cincuenta e cinco euros con vinte e un céntimos (2.555,21 euros), en concepto de liquidación de salarios, máis o 10 % de xuro de demora do artigo 29.3 do ET sobre esta última cantidade.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Servanza, S.L, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

A secretaria xudicial