Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1130/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1130/2011 deste xulgado do social, seguida por instancia de Laura Barreiro Cobas e María del Mar Rial Viaño contra a empresa Prosalud Galicia, C.B., Sandra Meijide Ferreira, Fernando Acuña Piñeiro, Diego Carballeira Vázquez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza nº 118, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 18 de marzo de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Laura Barreiro Cobas e María del Mar Rial Viaño, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, fronte a Prosalud Galicia, C.B., que non comparece malia constar debidamente citado, fronte a Sandra Cristina Meijide Ferreira e Fernando Acuña Piñeiro, representados e asistidos polo letrado Sr. da Pena Gutiérrez, fronte a Diego Carballeira Vázquez, que non compareceu malia constar debidamente citado, e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar debidamente citado, dítase a presente sentenza con base nos seguintes

(…)

Decido que estimo integramente a demanda interposta por Laura Barreiro Cobas e Mª del Mar Rial Viaño fronte a Prosalud Galicia, C.B., Sandra Cristina Meijide Ferreira, Fernando Acuña Piñeiro, Diego Carballeira Vázquez e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a Prosalud Galicia, C.B., Sandra Cristina Meijide Ferreira, Fernando Acuña Piñeiro e Diego Carballeira Vázquez a aboar a Laura Barreiro Cobas a cantidade de 692,55 euros en concepto de mensualidade de decembro de 2009 e complemento de incapacidade temporal e a Mª del Mar Rial Viaño, a cantidade de 879,19 euros en concepto de mensualidade de decembro de 2009, cantidades que deben ser incrementadas no 10 % de xuros de demora.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non caber recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Prosalud Galicia, C.B. e Diego Carballeira Vázquez, expido o presente.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

A secretaria xudicial