Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (57/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 57/2014 deste xulgado do Social, seguidos por instancia de María del Carmen García Couselo contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto do 18 de marzo de 2014 e decreto con data do 21 de marzo de 2014, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do auto

«Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María del Carmen García Couselo, fronte a Excavaciones Migasa, S.L., parte executada, por importe de 29.892,37 euros en concepto de principal, máis outros 2.989,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0057 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número da conta 5076 0000 64 0057 14. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a A secretaria xudicial»

E a parte dispositiva do decreto:

Parte dispositiva

«Acordo:

Acumular esta execución número 57/2014 á seguida nesta oficina xudicial co número 264/2013.

Lévese testemuño deste acordo á execución correspondente e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de revisión, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Excavaciones Migasa, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

A secretaria xudicial