Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de marzo de 2014 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas ao programa das iniciativas emprendedoras e de emprego reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008, xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, requírense as empresas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan, persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento co contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para presentar as alegacións e documentación que consideren máis convenientes aos seus intereses no prazo de 15 días, que comenzará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña.

A Coruña, 21 de marzo de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 340K 2009/8-1.

Nome: Diepi Hostelería, S.L.

CIF: B70182159-01.

Último enderezo coñecido: avda. Santiago, 42, 15821, Arca, O Pino.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento do reintegro das axudas.

Expedientes: TR 340K 2009/35-1 e TR 340K 2009/36-1.

Nome: Abal Soluciones Informáticas, S.L.

CIF: B70154406-01.

Último enderezo coñecido: r/ Compostela, 8, 5º esquerda, 15004 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento do reintegro das axudas.

Expedientes: TR 340K 2009/40-1 e TR 340K 2009/42-1.

Nome: Sorobon, S.L.

CIF: B70188859-01.

Último enderezo coñecido: avenida Monelos, 91, 15009 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento do reintegro das axudas.

Expedientes: TR 340K 2009/47-1 e TR 340K 2009/48-1.

Nome: Madroñal Díaz, Noemí 2329717K, S.L.N.E.

CIF: B70184288-01.

Último enderezo coñecido: r/ General Pardiñas, 29, baixo, 15701 Santiago de Compostela.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento do reintegro das axudas.

Expedientes: TR 340K 2009/53-1 e TR 340K 2009/54-1.

Nome: High Class, S.L.

CIF: B70187968-01.

Último enderezo coñecido: r/ Tierno Galván, 6, 3º A, 15670 Culleredo.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento do reintegro das axudas.

Expediente: TR 340K 2009/82-1.

Nome: Estudio y Diseño de Galicia, S.L.

CIF: B70207212-01.

Último enderezo coñecido: lugar San José Meicende, s/n, 15008 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento do reintegro das axudas.

Expedientes: TR 340K 2009/245-1 e TR 340K 2009/265-1.

Nome: Cúbica Constructora de Viviendas Sostenibles.

CIF: B70220892-01.

Último enderezo coñecido: lugar Camino Toraldo, Polígono As Lagoas. 15578 Narón.