Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento sancionador PSC/2014/03, por infracción en materia de centros, servizos e establecementos sanitarios.

O 5 de marzo de 2014 o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do procedemento sancionador PSC/2014/03 a José Ángel Bayo de Enrique.

Intentada a notificación en dúas ocasións segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LPAC), e ao non poderse practicar a notificación persoal, notifícaselle, por medio deste anuncio, ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, a José Ángel Bayo de Enrique o referido acordo de inicio que se indica no anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, de acordo co artigo 16.1 do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (en diante RPS), para presentar alegacións ante o instrutor do procedemento no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias do Equipo Central de Inspección, Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios, sito na rúa Durán Loriga, 3, (15003) A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da LPAC.

Advírteselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, este poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do RPS.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

Anexo

Número de expediente: PSC/2014/03.

Presunto responsable: José Ángel Bayo de Enrique.

NIF: 29691875-W.

Último domicilio coñecido: Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, rúa Juana de Vega, nº 29, 3º C, A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 3.a) e 8.1 e 8.2.a) do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Tipificación provisional da infracción: grave, artigo 21.3.a) do Decreto 12/2009.

Precepto sancionador: artigo 44.2.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.