Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013171AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 17 de marzo de 2014, a xefa territorial de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador 2013171AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Carnicería O Labrego, S.L.

Intentada a notificación da resolución, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Carnicería O Labrego, S.L. o contido da dita resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, nº 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 21 de marzo de 2014

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013171AL-LU.

Denunciada: Carnicería O Labrego, S.L.

CIF: B27269455.

Último enderezo coñecido: San Cristovo de Chamoso, 29, 27163 O Corgo (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4 do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 5.2 do Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo.

– Artigos 50.1.a) e 51.1 parágrafo 1º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trescentos euros (300,00 €).