Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 28 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 743/2013, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela por instancia de Patricia Corderi Fernández e sete máis.

Patricia Corderi Fernández, Sandra Brandariz Castro, Alba Brandariz Castro, Cristina Pena Vicente, Zeltia López Sande, María José Cainzos Fernández, Yolanda Castro González e Natalia Villar Vázquez interpuxeron recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento abreviado 743/2013 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Orde do 16 de outubro de 2013 do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. En concreto, o dito recurso contencioso-administrativo diríxese contra as epígrafes 1.1, 1.2 e 4 do baremo de méritos que se recollen no anexo XIV desa orde.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos