Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR347D2009/27-2 e TR347D 2009/118-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 24 de marzo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: TR347D 2008/27-2.

Nome: Juan Carlos Quiroga Rey.

DNI/NIF: 33331741A.

Último enderezo coñecido: rúa Río Sil, 43-3º E, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Número de expediente: TR347D 2008/118-2.

Nome: Locutorio Viana, C.B.

DNI/NIF: E27395151.

Último enderezo coñecido: praza Viana do Castelo, 6, planta B, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.