Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17194

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (564/2013).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, anuncia que no presente procedemento JVB 564/2013, seguido por instancia de Manuel Suárez Cancelo fronte a descoñecidos ocupantes da r/ dos Concheiros, 46, Santiago de Compostela, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Xuízo verbal nº 564/2013.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Manuel Suárez Cancelo.

Avogado: Sr. Varela Ferreiro.

Procurador: Sra. Pérez Otero.

Demandados: ocupantes descoñecidos do edificio sito no número 46 da rúa dos Concheiros.

Obxecto: desafiuzamento por precario.

Resolvo:

Estimo integramente a demanda interposta por Manuel Suárez Cancelo contra os ocupantes descoñecidos do inmoble sito no número 46 da rúa dos Concheiros de Santiago de Compostela e, en consecuencia, condénoos a que deixen libre e expedito o inmoble citado e ao dispor da parte demandante, con apercibimento de lanzamento se non o fan voluntariamente. Todo isto con imposición expresa das custas devindicadas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 € mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal da entidade bancaria Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial. O depósito da expresada suma deberase acreditar ao interpor o recurso, e a este escrito xuntarase copia do xustificante ou da orde de ingreso. Sen este requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, leu e publicou a anterior sentenza a xuíza que a ditou. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de descoñecidos ocupantes da r/ dos Concheiros, 46, Santiago de Compostela, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial