Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (412/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 412/2013, por instancia de María Eva Quián Regaldie contra Inveimar, S.A., Galnor, S.L., Realve Gestión, admón. concursal Galnor, Ministerio Fiscal e Fogasa sobre despedimento, en que no día da data se ditou senteza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda por despedimento obxectivo formulada por María Eva Quián Regaldie contra as entidades Inveimar, S.A., Realve Gestión, S.L. e Galnor, S.L., así como a administración concursal de Galnor, S.L., e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as empresas demandadas de todos os pedimentos formulados na súa contra, confirmando o despedimento obxectivo da traballadora realizado pola súa empregadora Inveimar, S.A. o 27 de febreiro de 2013.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor, contra ela, recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000, código 36 e nº expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Galnor, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de marzo de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial