Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17192

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (708/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 708/2012 desta Sección, seguido por instancia de Alejandro Alba Almendros, Marc Solá López, José Antonio Rojas Martín contra Fogasa, C B Ciudad de Vigo Basquet, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, Jesús Núñez Ares, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que con desestimación do recurso interposto por Alejandro Alba Almendros, Marc Solá López e José Antonio Rojas Martín, confirmamos a sentenza que con data do 18.10.2011 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, e pola que se rexeitou en parte a demanda formulada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a C B Ciudad de Vigo Basquet, Jesús Núñez Ares, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de marzo de 2014

A secretaria xudicial